Oficina de Turismo de Viveiro.

oficinaturismo@viveiro.es

  • Twitter Clean
  • facebook

Bienvenidos a la Web Oficial de Turismo del Ayuntamiento de Viveiro. Punto de encuentro entre viajeros y profesionales del turismo o los viajes. Un excepcional escaparate para todo lo relacionado con el turismo y los viajes en Viveiro.

Produced and created by ACTURISMO.

ARTESANÍA DE CALIDADE

vive a Artesanía
 
1/1
REGAL XUNQUEIRA

Nas instalacións, restauradas, que ocupa o artesán Otero Rega, no s. XIX estaba a maior fábrica de curtidos de toda Galicia da época, a fábrica de curtidos de Xunqueira. Agora acollen un ambicioso proxecto multicultural, pioneiro, un espazo de autor polo que se estenden as pegadas do artista mariñán Alfonso Otero Regal.

 

Regal Xunqueira é un complexo artesanal visitable e interpretado polo propio artista, que elabora cerámicas con materiais autóctonos; ten dous museos que se pueden  visitar, un de cerámica e o outro de pel.

VISITAS TALLER

Horario: 10:00 - 14:00 / 16:00 - 20:00

Entrada: 7 € visita guiada con actividade / 5 € visita sin actividade.

Concertar visita. Grupo mínino, 10 Persoas.

Venta do producto artesán no propio taller.

 

 
1/1
ÓSCAR RODRÍGUEZ
Óscar Rodríguez leva case tres décadas desenvolvendo un oficio que lle reportou un importante recoñecemento, con numerosos premios polas súas creacións.

 

Xunto coa súa filla Cristina, do seu taller saen pezas únicas que conxugan materiais de primeira liña e de inspiración estética da natureza. As súas coleccións, frescas e innovadoras, non deixan indiferente a ninguén.

VISITAS TALLER

Horario: Consultar, en funcion de temporada.

Entrada: Gratuita.

Concertar visita. Grupo mínino, 6 Persoas.

Venta do producto artesán no propio taller.

 

 
1/1
MÍRIAM VIVEIRO

As creacións de Míriam Viveiro respiran aires contemporáneos, nos que a cerámica e a prata se combinan nun exquisito deseño.

 

A artesá traballa os seus propios modelos de xoias, pero realiza tamén encargos personalizados.

Ademais das xoias, esta ceramista elabora pezas grandes que destacan polos seus trazos anovadores e de inspiración mariña. 

VISITAS TALLER

Horario: Consultar en función de temporada.

Concertar visita. Grupo mínino, 10 Persoas.

Venta do producto artesán no propio taller.

 
1/1
ALEJANDRO QUELLE
É o último artesán especializado en arte sacra da zona, mestre tallista e ebanista que leva máis de dez anos elaborando andas e tronos procesionais, ademais de outros moitos traballos especializados nesta área artística. Pero non só produce pezas novas, senón que tamén restaura traballos antigos. Moitas das súas obras pertencen á famosa Semana Santa de Viveiro e á de Quiroga.