Oficina de Turismo de Viveiro.

oficinaturismo@viveiro.es

  • Twitter Clean
  • facebook

Bienvenidos a la Web Oficial de Turismo del Ayuntamiento de Viveiro. Punto de encuentro entre viajeros y profesionales del turismo o los viajes. Un excepcional escaparate para todo lo relacionado con el turismo y los viajes en Viveiro.

Produced and created by ACTURISMO.

DESCUBRE A CONTORNA

vive a contorna
 
1/1
PRAIA DAS CATEDRAIS.
Esta praia, Monumento Natural, é unha das máis espectaculares do litoral Cantábrico galego, debido ás covas, túneles, bóvedas e arcos que a auga do impetuoso mar escavou na dura rocha dos acantilados da costa. Para a visita recoméndase consultar previamente ó horario das mareas, a fin de coñecer o período de baixamar, o momento máis indicado para visitar esta magnífica obra da natureza.
 
Natureza e arquitectura fusiónanse na vila de Ribado. Destaca a súa ría (zona ZEPA) pola riqueza en aves de diferentes especies. Desde o punto de vista monumental, destacan o Pazo do Marqués de Sargadelos, a Torre dos Moreno, a Torre Vella ou a Capela da Atalaia, o Castelo de San Damián (do século XVII), o parque do antigo cargadoiro e a Ponte dos Santos, que une Galicia con Asturias. O monte de Santa Cruz está coroado por un monumento ó Gaiteiro, xunto á ermida de grande tradición xacobea.

 

 
1/2
SARGADELOS. Cervo.
A actual fábrica de Sargadelos é un edificio de arquitectura innovadora que permite coñecer tanto o proceso de elaboración desta cerámica como unha colección das súas mellores pezas. A planta de produción pode visitarse durante todo o ano, de luns a venres, de 9 a 14:30 h. O horario de inverno para a sala de exposición e venda é de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 19:30 h; o sábado e os festivos, de 11 a 14 e de 16 a 19 h.  No verán o horario é de luns a venres, de 9 a 20:30 h; fins de semana e festivos de 10 a 14 e de 16 a 20 h. En calquera caso, as visitas son gratuítas. Se se trata de grupos numerosos, recoméndase notificar a visita coa suficiente antelación chamando ó teléfono 982557841.
 
Polo que se refire á vila de Sargadelos, podemos ver os restos das Antigas Reais Fábricas de Fundición e Louza (s. XVIII) cerca da primeira estrada de peaxe de España; a Casa da Administración, o Paseo dos Namorados e a Senda Botánica.
En Cervo celébranse en agosto, o sábado seguinte o día 16, o Mercado Tradicional e, pola noite, a Queimada Popular, declarada Festa Galega de Interese Turístico.
 
1/4
SAN CIBRAO.
Típico pobo mariñeiro denominado a Península da Paz. Destaca a súa zona antiga, próxima ó faro, os restos das antigas fábricas de salgadura, a ponte medieval e o Museo do Mar, único museo marítimo da provincia de Lugo.
O horario de inverno do museo do mar é: de martes a sábados de 11 a 14 h e de 16 a 19 h. No verán: de martes a sábados de 11 a 14 h e de 17 a 20 h. Os domingos e festivos de 11 a 14 h (982 59 45 72).
En marzo celébrase a Festa do Ourizo e o 2º sábado de agosto “A Maruxaina” ambas declaradas “Festa Galega de Interese Turístico”.
 
1/4
XOVE.
O patrimonio de Xove fórmano as igrexas de Xuances (cun incensario gótico do século XV), Lago, Morás e Regueira (onde o 13 de xuño se celebra a popular romaría de Santo Antón).
O hórreo da Barxa, en Lago, está traballado totalmente en pedra.
A punta do Roncadoiro, co seu faro, os acantilados de Morás, así como o seu pintoresco porto, e as praias de Esteiro (ideal para a práctica de Surf), Portocelo e Lago son parte dos atractivos do municipio.
 
1/5
BURELA.
Destacan o seu porto, o primeiro do Cantábrico na venda do bonito; a igrexa da Vila do Medio, con pinturas do século XVI; o Chao do Castro (xacemento celta), o miradoiro do Monte Castelo, a praia da Marosa e o barco museo boniteiro Raíña do Carme, que se pode visitar en inverno de 10 a 14 h e en verán de 11 a 14 h e de 17 a 20 h.
Para grupos concretar as visitas no 982 58 06 09.
O primeiro sábado de agosto celébrase a Festa do Bonito declarada de Interese Turístico Galego.
 
1/1
BASILICA DE SAN MARTIÑO.
Monumento Histórico Artístico Nacional. A Catedral de San Martiño de Mondoñedo foi sé episcopal da diocese Mindoniense ata o s. XII. É un dos máis interesantes monumentos galegos e ten o  mérito de ser a primeira catedral construída en España. Tivo dúas etapas construtivas, unha prerrománica s. X e outra románica nos s. XI-XII. Ten planta basilical, de tres naves con tres ábsidas na cabeceira, e unha interesante colección de modillóns que sosteñen o aleiro con figuras de distinto significado. No seu interior destaca a riqueza iconográfica dos capiteis, as súas pinturas murais e un retablo de pedra único na arte románica europea que representa os anxos bispos das sete igrexas citadas no Apocalipse. Consultar os horario de visita no teléfono 982 13 26 07.  
Cerca de San Martiño está Espazo Caritel , un xardín botánico e galería de arte contemporánea.
Horario de visita no verán: de martes a sábado de 11:30 a 14 h e de 17 a 20:30 h, domingo de 11:30 a 14 h.
Para concertar visitar fóra de temporada no teléfono 982 13 26 94.
 
1/3
CASTRO DE FAZOURO.
A 4 km de Foz atópase o Castro de Fazouro (s. II a. C.) un dos máis significativos da comarca. Sobre un promontorio peninsular, o castro aparece protexido por fosos defensivos escavados na rocha. Tralas escavacións realizadas en 1963 quedaron á luz as ruínas de varias vivendas con planta elipsoidal e cadrada, un fragmento de calzada e diversos obxectos. 
 
1/5
CATEDRAL DE MONDOÑEDO
Mondoñedo foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino de Galicia e é sé episcopal desde o s. XII. Mondoñedo ábrese ó visitante como una pequena cidade, título que ostenta desde o año 1156, onde as tradicións perduran case inmutables.
Destaca a Catedral co enorme rosetón central, as pinturas murais de distintas épocas, os dous órganos xemelgos... O Museo Catedralicio e Diocesano de Arte Sacra é un dos máis importantes de Galicia. Ademais non se pode deixar de visitar o vello e imperial Concello, o Seminario de Santa Catarina, o Convento da Concepción, a “Fonte Vella” ou “A Ponte do Pasatempo”, o barrio dos Muíños ou o  Santuario dos Remedios.
Dentro das contornas naturais destacan a fervenza do “Salto do Coro” e as “Covas do Rei Cintolo”, información e reservas a través da oficina de turismo: 982 50 71 77.
El 2º sábado de agosto ten lugar o Mercado Medieval e en outubro celébrase a “Feira das San Lucas”. Imperdoable non probar a Torta de Mondoñedo.
 
1/2
CASTRO DE OURO.
Nesta parroquia está o castelo de Castro de Ouro, do que foi propietario o Mariscal Pardo de Cela e do que se conservan a Torre da Homenaxe, a Capela de San Salvador e restos das murallas. Desde aquí pódese ver o Pico a “Frouxeira” onde o Mariscal resistiu o asedio das tropas dos Reis Católicos.  
Na “Finca A Galea” está o Museo da Auga, unha paraxe natural onde castiñeiros, acacias, cedros ou troncos fosilizados están en completa sintonía. As augas do río Ouro fan funcionar un muíño de auga e o batán dun dos poucos en funcionamento de toda a costa cantábrica. Consultar horario de visita 982 57 12 36.
En xullo celebran o Mercado Medieval.
 
1/5
LOURENZÁ.
O mosteiro beneditino de San Salvador é do s. X con igrexa rehabilitada na época barroca, concretamente no ano 1732 polo Arquitecto Casas e Novoa, quen máis tarde proxectaría a fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela.
O Pazo de Tovar, un dos monumentos máis bonitos da arquitectura gótica isabelina, converteuse nun Centro de Interpretación dos Pazos de Galicia. Pódese visitar de 10 a 14 h. en inverno e de 10 a 13 h e de 16 a 20 h. no verán.
A Ponte de Cazolga ou as igrexas de San Xurxo e Santo Adriano son outros monumentos a visitar.
No mes de outubro celebran a “Festa da Faba”.
 
1/3
ORTEGAL
 
A comarca do Ortegal é paisaxisticamente espectacular, cunha orografía máis agreste que a Mariña Lucense, as montañas introdúcense no mar.
Os cabos de Estaca de Bares e de Ortegal son obrigada a súa visita e goce.  Nos dous encontrarás a afirmación de que alí se xunta o Atlántico co Cantábrico.
Pola costa de Ortegal atópanse rochas que normalmente se encontran a 70 km baixo terra. Existe un estudo que di que as rochas do cabo Ortegal son as máis antigas da Península e que se lles calculan uns 1156 millóns de anos, o dobre das máis vellas coñecidas ata agora.
Na comarca de Ortegal é recomendable visitar as bisbarras que a compoñen e a serra da Capelada.
 
1/5
SAN ANDRÉS DE TEIXIDO
A lenda di: “Vai de morto quen non foi de vivo”, por iso toda a xente procura ir de viva. Quizais este feito o converte nun dos lugares máis importantes de peregrinación de Galicia.
A igrexa de San Andrés foi comezada a construír no século XVI, época da que data a súa portada norte, de estilo gótico. Xunto á fachada érguese a torre, construída a finais do XVIII.
Destacan tamén as pinturas murais do santuario, que representan o martirio de San Andrés, e o retablo maior, de estilo barroco, onde se garda o relicario cos restos do santo.
 Chaman a atención os chiringuitos situados a ambos lados do camiño cara o santuario, onde se venden os famosos amuletos feitos con miga de pan, entre outras cousas.
O visitantes poden gozar dun precioso horizonte onde océano e ceo se xuntan e desde onde se contempla unha das serras máis fermosas da paisaxe galega. Cóntase que San Andrés nunha da súas viaxes chegou coa súa barca ós acantilados de Teixido e alí naufragou, converténdose no que se coñece como a barca de San Andrés, un penedo de forma de barca invertida a escasos metros da costa. Tras esta mala experiencia e como compensación, dise que Deus lle prometeu que se construiría alí un santuario.
 
1/3
ACANTILADOS
Os acantilados máis altos da Europa “non continental” están en Hornelen (Noruega) e teñen 860 metros de altura; pero se nos preguntamos polos acantilados máis altos da Europa continental, estes están en España, en Galicia, cerca de San Andrés de Teixido, e a uns 60 km de Viveiro.
Os acantilados de Vixía de Herbeira son, Garita de Herbeira, son os que teñen unha maior cota sobre o nivel do mar de toda Europa, case 700 metros e este é o miradoiro por excelencia para admiralos.
A visita é máis que recomendable para poder gozar dos acantilados máis altos do Continente e das súas vistas.
 
1/5
BANCO DE LOIBA
O Banco máis Bonito do Mundo é un banco situado sobre os acantilados de Loiba que foi adquirindo fama pola súa situación e pola impresionante vista sobre os cantís que permite apreciar a entrada da ría de Ortigueira e a panorámica desde o cabo de Estaca de Bares ata o cabo Ortegal.
Hai tempo, alguén escribiu sobre o respaldo do banco, feito de madeira. “The best bank in the world”.
 
Actualmente está collendo fama mundial, de feito, converteuse en protagonista de diversos anuncios publicitarios e mesmo IKEA o empregou nunha campaña.