top of page

PRAIAS DE CALIDADE

vive a Praia
Playa de Covas
PRAIA DE COVAS

Praia de area branca, con ondada tranquila, en forma de cuncha. É o areal urbano do termo municipal de Viveiro.

Está dotada de todas as comodidades, conta con bandeira azul e coa “Q” de calidade turística está complementada por un vistoso paseo marítimo, que delimita a praia e separa o areal e as dunas dun amplo parque (parque Xosé Antonio Pernas Peón), dotado de infraestruturas para pícnic, del cámping  e dos servizos que ofrece a cidade estival de Covas. Dunha amplitude e extensión extraordinarias, en baixamar uns 280.000 m² e en alta mar redúcese ós 150.000 m².

No extremo oeste da mesma presenta curiosas formacións de tipo pizarroso, coñecidas como “Castelos”, onde se encontra o monumento erixido en recordo dos náufragos da escuadra cántabra, en especial do Bergantín Palomo e a Fragata Magdalena , afundidos na ría, polo temporal, el 2 de novembro de 1810.

 

Playa de Area
PRAIA DE AREA
Praia de area branca, augas cristalinas e tranquilas, de forma rectilínea e con dunas. A praia de Area encóntrase próxima á ladeira do monte Faro nunha área de grande beleza paisaxística, con abundante vexetación. Ten unha extensión de 72.000 m² en preamar e 198.000 m² en baixamar. Nun dos seus lados, emprázase a illa de Area, importante refuxio de aves mariñas. É a praia máis fermosa da ría de Viveiro e, quizais, da Mariña Lucense.

​Este areal permite gozar non só do sol e da natación, senón tamén doutro tipo de deportes náuticos como a vela. Ademais, debemos destacar os restos arqueolóxicos da vila romana de Estabañón e da superposta vila medieval de “Areas” que foi arruinada polo mar. A praia conta con bandeira azul e a “Q” de calidade, posto de socorro, disco-pub, albergue xuvenil (cursos de vela, surf…..). Á dereita da praia atópanse dúas pequenas calas, menos concorridas.

 

Playa Portonovo
PRAIA PORTONOVO

No límite dos concellos de Viveiro e Xove encóntrase esta praia situada ó abrigo do monte Faro.

É unha pequena cala situada nun contorno natural virxe. Nas décadas dos 60 e 70 era moi frecuentada por turistas alemáns e franceses, e nela era usual a práctica do nudismo. Actualmente segue conservando o seu carácter de praia de mar aberto e retirada.

Ten un grao de ocupación baixo, está composta por area e rochas e carece de servizo ningún.

Playa de Sacido
PRAIA DE SACIDO

A praia de Sacido, de pequenas dimensións, conta con abundantes acantilados, area branca e rica vexetación marítima, ademais de piñeiros, loureiros e espiños. Accédese a ela a través dunhas longas escaleiras que baixan dende o paseo marítimo.

A continuación está a preciosa e recollida enseada do “Rol”, de difícil acceso terrestre.

 

Playa de SEIRAMAR
PRAIA DE SEIRAMAR
Pode considerarse como unha prolongación da praia de covas (praia de Grallal), separada polos “Castelos” , onde se forma un areal de finas areas e rochas que se fai case inexistente con marea alta pero que en baixamar queda unha pequena praia moi recollida.

Playa de Celeiro
PRAIA DE CELEIRO
Praia urbana de pequenas dimensións que se atopa no pobo mariñeiro de Celeiro, a 1 Km do núcleo de Viveiro.
Porta da Vila
bottom of page