INTERÉS NATURAL
vive a Natureza




SOUTO DA RETORTA
O Souto da Retorta alberga os eucaliptos centenarios máis antigos de Galicia. É unha paraxe natural situada á beira do río Landro, pertence á Rede Galega de Espazos Protexidos. Formou parte da antiga fábrica de tecido fundada por J. Bassols e Cía (1.849) e posteriormente do complexo industrial Barro Chavín (1.897-1.981), como fábrica de luz, de tecidos e carrozarías.
O Souto da Retorta ten unha grande variedade de especies arbóreas típicas do bosque atlántico e do bosque de ribeira, ademais de felgos de grande tamaño. Trátase dun conxunto de notable valor botánico, sen esquecer a paisaxe fluvial. No ano 1880 foron plantados 6 eucaliptos coa intención de protexer un canal do río Landro das continuas riadas. Estes eucaliptos alcanzaron unhas dimensións pouco frecuentes; algúns deles superan os 70 m de altura; o chamado “O Avó” ten un pé de máis de 2,5 m de diámetro e un volume de 76 m³. Está considerado como unha das árbores máis grandes de Europa.
O Souto da Retorta e O Avó figuran inscritos no Catálogo Galego de Árbores Singulares e foron declarados Monumento Natural no ano 2.000.

Vista desde el monte de San Roque, Viveiro. Galicia Cantábrica.

Vista desde el monte de San Roque, Viveiro. Galicia Cantábrica.

Vista desde el monte de San Roque, Viveiro. Galicia Cantábrica.

Vista desde el monte de San Roque, Viveiro. Galicia Cantábrica.
MONTE SAN ROQUE
Desde o Monte San Roque pódese gozar da vista turística máis coñecida de Viveiro. A 353 m. sobre o nivel do mar, permite ter unha magnífica vista panorámica da ría, o estuario do Landrove e o porto de Celeiro.
No cume encóntranse unha magnífica área recreativa, unha reserva natural de fauna (gamos, ponis, burros e ñandús) e a capela dedicada ó copatrón de Viveiro, San Roque, por libralo de “peste e males”, durante a Baixa Idade Media.
A escasos metro da capela, entre uns penedos, está a cova coroada por unha cruz, onde, segundo conta a tradición, apareceu o santo de Montpellier.
Nos arredores está o Penedo do Galo, a 500 m. sobre o nivel do mar e desde alí tamén se ve a panorámica da ría de Viveiro.




POZO DA FERIDA
Nos límites da parroquia de Santa María de Chavín, limitando co concello de Xove encóntrase esta espectacular fervenza de máis de 30 metros de altura, a más grande da Mariña Lucense; a súa caída forma unha piscina natural. Aquí ten a súa orixe o río Xudreiro, froito da unión do Rego dos Monteiros e do Rego de Cal Grande.
Cabe destacar a beleza do lugar, a flora, arboredo autóctono, e os restos dunha antiga planta eléctrica. Na parte alta da contorna áchase o casal de Loureiro, edificado sobre un antigo castro da Idade de Ferro.

Área etnográfica de A Insua, Viveiro, Galicia. Dedicada a interpretar la mineria de hierro en la Mariña Lucense. Un bonito recurso turístico.

Área etnográfica de A Insua, Viveiro, Galicia. Dedicada a interpretar la mineria de hierro en la Mariña Lucense. Un bonito recurso turístico

Área etnográfica de A Insua, Viveiro, Galicia. Dedicada a interpretar la mineria de hierro en la Mariña Lucense. Un bonito recurso turístico

Área etnográfica de A Insua, Viveiro, Galicia. Dedicada a interpretar la mineria de hierro en la Mariña Lucense. Un bonito recurso turístico.
A INSUA
Na área etnográfica da “Insua” localízase o antigo cargadeiro das Minas da Silvarosa. Actualmente, só quedan restos de arqueoloxía industrial dos depósitos e do tranvía aéreo bicable, sistema Bleichet, de 5 km de lonxitude, que servía para transportar o mineral, aproveitando o desnivel da ladeira, ata o mar. Alí almacenábase en grandes depósitos. A través dun túnel, recollíase e lavábase para facelo chegar a unha estrutura de ferro, que se internaba no mar onde se baleiraba directamente nas embarcacións. Unha vez cargado directamente nos vapores de transporte enviábase con destino a Alemaña, Holanda e Inglaterra, principalmente en tempos de entre guerras, debido á dureza do ferro, co obxectivo principal de facer canóns e balística.
Na área etnográfica da Insua poden observarse magníficas vistas da ría de Viveiro, xa que incluso é posible asomarse polo antigo cargadeiro, do que foi rehabilitado unha parte da súa lonxitude orixinal.




PASEO FLUVIAL DO RÍO LANDRO
Na chaeira da ponte da variante comeza o paseo fluvial, peonil; a través do túnel so a vía do tren chégase ás “Aceas”. A ruta á beira do Landro pasa cerca do Convento de Valdeflores. É unha ruta de grande beleza paisaxística que permite admirar a riqueza das súas marismas (xunqueiras).
O estuario do Landro está declarado LIC e ZEC, debido ó seu valor natural conformado por unha importante flora de ribeira e de xuncal que permite a existencia dunha grande variedade ornitolóxica. Ademais, na súa contorna encóntranse lugares visitables como as Aceas de Galcerán, o barrio de Xunqueira, o Convento de Valdeflores e a antiga fábrica de curtidos e actual fábrica de Regal Cerámica.
O percorrido total é duns 7 km. No marco incomparable do río Landro.



FRAGA DAS SAÍMAS
A Fraga está situada a 15 km de Viveiro na parroquia de San Andrés. É concretamente no monte Lerín onde está esta importante masa forestal autóctona ou de bosque atlántico, de 89 hectáreas de superficie e formada por carballos, amieiros, bidueiros, castiñeiros bravos, abeleiras, érbedos, freixos, teixos, pereiros bravo, espiños, “sanguiños” e acivros, así como unha grande variedade de arbustos e plantas.
Nas súas inmediacións está o Curro de Candaoso, onde cada primeiro domingo de xullo se celebra a tradicional Rapa das Bestas. Tamén destacan as turbeiras do Buio que abarcan unhas 300 hectáreas de monte.


COVA DA DONCELA
Entre Punta do Cabalo e Punta Insua existe un lugar chamado O Forno dos Mouros e nel atópase a Cova dos Encantos, popularmente coñecida como Cova da Doncela.
Cova da Doncela
Na abrupta vertente dun penedo que avanza sobre o mar, na parroquia de San Xoán de Covas, atópase esta cova; a fantasía popular localiza nesta caverna unha interesante lenda, que parece ideada por antigos contrabandistas, co fin de afastar ás xentes deste lugar e poder ocultar con maior seguridade os seus alixos; supón nela encantada a unha fermosísima doncela, de loura cabeleira e brancas vestiduras, que ao romper a alba na mañá de San Xoán, baixa do acantilado para bañarse e desenredar os seus abundantes e sedosos cabelos cun peite de ouro e brillantes.
Zoa con puntos de alto risco.