top of page

VIVEIRO ANTE O BERCE

Durante un mes poderase gozar deste magnífico Belén, a tamaño Natural, que estará exposto a partir do 6/12. Deixámosvos un fantástico Vídeo. O  Belén está situado na contorna da Igrexa de Santa María del Campo, "Viveiro ante o Berce", con figuras a tamaño natural, representa a vida naquela época cun un gran mercado onde se poden ver os oficios tradicionais: ferreiros, canteiros, pastores, viticultores, pescadores, agricultores, lavandeiras....; os Reis Meigos, a Sacra Familia e o castelo de Herodes.

SEMANA SANTA DE VIVEIRO

Festa  Declarada de interese turístico Internacional. É unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se realiza anualmente e de modo ininterrompido desde o século XIII.

A Semana Santa de Viveiro está considerada como unha das mellores de Galicia pola riqueza das súas imaxes.

Resurrection Fest, un festival recoñecido a nivel nacional e internacional, nunha década consolidouse  como un dos festivais de metal, hardcore e punk de  referencia en Europa. Celébrase no mes de xullo e consegue reunir a unha multitude de fans,  atraídos polo seu gran cartel, mellorado año tras ano, no que acostuma a haber máis 70 bandas, e encabezado por figuras da talla de Motor Head, Iron Maiden, Volbeat, The Offspring, Rammstein...

RAPA DAS BESTAS

A  Rapa das Bestas de Candaoso (Viveiro) é unha das festas referentes en Galicia relacionada co mundo do cabalo. Nese curro aprovéitase para dar a coñecer unha actividade ancestral, na que se crían cabalos en liberdade e unha vez ó ano se reúnen todos para cortarlles as crinas e marcalos. No curro pódese gozar vendo a loita corpo a corpo cos animais para a súa domesticación; garántese un espectáculo xenuíno. Todo isto adórnase con música e distintos lugares onde poder probar exquisitas empanadas e todo tipo de viandas ó son das gaitas.

FESTA DA MERLUZA

Xornada gastronómica dedicada á pescada do pincho, capturada polos barcos de Celeiro (Viveiro), que se celebra durante o sábado antes do 25 de xullo (das festas de Celeiro) na zona da lonxa do porto vello  de Celeiro. Todos os asistentes poderán degustar a pescada preparada en distintas elaboracións. Festa Declarada de Interese Turístico en Galicia.

FESTAS PATRONAIS DE VIVEIRO

As festas patronais de Viveiro dan vida e cor á cidade no ecuador de agosto, por San Roque e Nosa Señora. Son unhas festas que congregan a todo o concello de Viveiro e os seus arredores. Desenvólvese un programa variado (consultar no calendario), cabezudos, Feira de Artesanía popular Galega, orquestras e actuacións musicais, campionatos… Cabe salientar a subida e romaría ó monte de San Roque, na que a altas horas da madrugada do día 16, numerosos viveirenses e non viveirenses subirán ó monte San Roque onde se celebrará a romaría máis madrugadora da Mariña Lucense; a Mostra Folklórica Internacional, a gran sardiñada e os Fogos Artificiais, soen completar cada ano o programa festivo.

MOSTRA FOLKLÓRICA POPULAR INTERNACIONAL DE VIVEIRO

A Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, que celebrou a súa primeira edición en 1979, ten lugar durante a primeira quincena de agosto. O festival está organizado polo grupo de danzas “Bágoas da Terra”.

Este evento celébrase dentro do marco das festas patronais en honor a San Roque e a Nosa Señora. As representacións dos diferentes grupos teñen lugar nun escenario montado na Praza Maior de Viveiro, e a elas acoden diariamente entre 6.000 e 7.000 persoas. O programa da mostra aglutina a grupos de países de todo o mundo que presentan as súas danzas, músicas e folclore.

ROMRIA DO NASEIRO

A festa é tamén coñecida polo sobrenome da “festa do bo xantar” , xa que cada xornada (o día grande é o domingo) se dedica a un manxar: polbo, marisco, doces, carnes, sardiñas e caldo son consumidos masivamente, ó son da música das gaitas e das charangas polo día, e da verbena pola noite.

Ademais das citas arredor da comida, é tradicional o descenso humorístico polo río Landro, unha competición que pon a proba a imaxinación e o sentido do humor dos participantes, con embarcacións e indumentarias estrafalarias.

Please reload

Fiesta de la Merluza
Romeria de Naseiro
bottom of page