![]() |
---|
Camino do Mar
O Camiño do Mar é unha continuación do trazado costeiro do Camiño Norte, o cal ó chegar a Ribadeo desdóbrase: un desvíase da costa cara ó interior por Ove, Arante, Lourezá e Mondoñedo (o coñecido como trazado oficial do Camiño Norte); e o outro continúa pola costa percorrendo os concellos da Mariña Lucense (o Camiño do Mar).
O Camiño do Mar, ruta xacobea cun percorrido duns 140 km., empeza en Ribadeo e continúa polos concellos de Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove,Viveiro, Ortigueira, Cedeira e Neda, onde se funde co trazado oficial do Camiño Inglés, ata chegar a Santiago de Compostela.
Está máis que demostrada a presenza na Mariña de peregrinos nalgúns dos cemiterios, igrexas e hospitais da comarca, xa que aparece tanto en documentos da Catedral de Mondoñedo que fan referencia a falecementos e enterramentos dalgúns peregrinos como en moitos outros documentos episcopais de Lourenzá, Reinante, San Martiño, etc. que demostran a existencia deste camiño como vía de peregrinación.
No Camiño do Mar consérvanse, afortunadamente, case todos os hospitais de peregrinos que no pasado formaban a rede hospitalaria de atención ós camiñantes, como os hospitais de Ribadeo, San Martiño, Cervo, Celeiro (Viveiro) e Santiago de Viveiro (Viveiro).
Estas argumentacións e outras moitas fan indiscutible a existencia da antiga vía de peregrinación, o Camiño do Mar.
